lunes, 13 de marzo de 2017

Os oficios do libro: a edición, charla-coloquio


As pequenas editoriais españolas, que proliferaron nos últimos anos, viven o seu particular esplendor nun sector difícil e marcado pola incerteza. A elección de bos autores e a creación dun catálogo coherente representan os seus principais desafíos.
Enrique Sánchez Sotelo, editor dá viguesa "Discursiva" descubriranos, nunha interesantísima charla-coloquio, o que supón hoxe en día apostar polo libro e a lectura.


  Por cortesía da editorial Discursiva, o acto incluirá o sorteo de dous lotes de libros da mesma.

Na Casa da Cultura de Redondela (Praza Figueroa)
Venres, 17 de marzo 
Ás 20:30 h.
Entrada libre e de balde


Organizan: Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela e Bibliotecas Municipais de Redondela

No hay comentarios: