viernes, 21 de abril de 2017

Lecturas de Marzo e Abril nos clubs de lectura


E mentres nas bibliotecas festexamos que se achega o Día do Libro, os nosos clubs de lectura continúan as súas xuntanzas mensuais.


Marzo e Abril foron datas nas que ambos clubs intercambiamos dúas lecturas ben parecidas nos seus títulos pero totalmente diferenciadas nos seus contidos.

... Cunha soa palabra e comezando pola letra "I":

Instrumental, de James Rhodes (Blackie Books), a primeira delas,

A primeira das opcións, unha autobiografía que fala sobre a superación de traumas infantís e o apoio da música.

A segunda, o enfrontamento entre razón e dogmatismo nunha cidade de provincias ante a chegada do primeiro cinema, narrada pola delicada pluma de Carlos Casares, o homenaxeado deste ano do Día das Letras Galegas.

Música, nun caso, e cinema, no outro, dúas artes con forte pegada na vida dos protagonistas de cada unha das historias.

[Admitímolo! Costou poñer en relación ambos libros... 
pero todo sexa por festexar o Día do Libro falando desta actividade mensual das nosas bibliotecas 😉😉].

Ademáis do debate e a análise dos libros que se propoñen no club, os participantes destas xuntanzas, tanto en Redondela como en Chapela, túrnanse cada mes para facer unha recomendación lectora aos compañeiros/as, tornandose así en lectores activos e dinámicos.

Feliz día do libro a todos os membros dos clubs!

Publicar un comentario