miércoles, 5 de abril de 2017

Os Amigos das Bibliotecas de Redondela "espallan emocións" no IES Chapela

A charla organizada dentro dos parladoiros dos Amigos das Bibliotecas sobre a aprendizaxe emocional deu moito de sí. Rosa Encinas e os Amigos foron convidados a impartir unha formación específica ao alumnado da Familia Profesional de Servizos á Comunidade no IES Chapela.


Na pasada semana, ao alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, no IES Chapela.



Esta semana, ao alumnado do Ciclo Medio de Atención ás persoas en situación de dependencia, no Multiúsos de Chapela.


Un tema que resultou de grande interese en ambos grupos, e que, por suposto, ía acompañado por unha extensa bibliografía de manuais, ensaios, álbumes ilustrados e contos, que tanto Rosa como as Bibliotecas de Redondela achegaron para a ocasión.

Nas bibliotecas municipais de Redondela podedes consultarnos por esta bibliografía.

Moitas grazas, Rosa Encinas e Amigos as bibliotecas por esta actividade!

Publicar un comentario