martes, 16 de mayo de 2017

A galiña azul de Carlos Casares percorre as nosas bibliotecas polo Día das Letras Galegas

A galiña azul - pequeno homenaxe a Carlos Casares nas bibliotecas municipais de Redondela
Preme na imaxe para ver as fotografías

As bibliotecas de Redondela, en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello, fixemos esta pequena homenaxe ao escritor ourensán, convidando a rapaces e adultos a debuxar unha galiña azul, en recordo do seu famoso conto.

A galiña azul está a decorar as nosas bibliotecas nestes días.

Na nosa sede de Chapela contamos, ademáis, coa inestimable complicidade do curso de traballos manuais da Asociación Cultural e Social de Chapela, e coa súa magnífica profesora, Gladys, que animou aos seus alumnos máis cativos a participar facendo pequenas galiñas de cartón reciclado, e ás súas aprendices máis avanzadas a facer outras orixinais creacións.



Non son fermosas? A nós encántannos!
Feliz Día das Letras Galegas e parabéns a Carlos Casares polo seu día.

Publicar un comentario