viernes, 5 de mayo de 2017

"Lectura na Rúa" escolares e bibliotecas de Redondela enchen a vila de libros e lecturas

LECTURA NA RÚA
Preme na imaxe para ver as fotografías
Accede aquí ao álbum fotográfico da actividade

Entre o mes do libro e tamén o das Letras Galegas máis de 400 rapaces dos CEIP de Santa Mariña e tamén do EEI A Marisma celebraron unha Lectura na rúa, xuntándose na Xunqueira de Redondela para ler e para convidar a todos os paseantes a facelo e a falar de lecturas.

As bibliotecas municipais de Redondela estivemos presentes nesta fermosa actividade, xunto coa Coca Simona, que agasallou aos participantes con marcapáxinas homenaxe a Gloria Fuertes, cedidos pola editorial Susaeta.


A actividade, iniciativa pola biblioteca do CEIP Santa Mariña, tivo moita repercusión na prensa e nos medios locais, aos que lles queremos dar o noso agradecemento.

- Ver CEP Santa Mariña e EEI a marisma, pioneiros da Lectura na rúa.
- Ver entrevista a alumnos lectores.
- Ver entrevista a Elena Becerra, directora das bibliotecas de Redondela.






Grazas a todos os presentes, alumnos e mais profesores. Agardamos poder repetir máis veces a experiencia!

Publicar un comentario