jueves, 8 de junio de 2017

Presentacións, sorteos e agasallos na caseta das bibliotecas na Feira do Libro de Redondela


As Bibliotecas de Redondela estamos presentes, por segundo ano consecutivo,  na Feira do Libro que se desenvolverá ata o domingo 11 de xuño, na Alameda de Redondela 

Este ano  haberá  sorpresas na nosa caseta:
  • Cada persoa que se faga socia das bibliotecas de Redondela, recibirá como regalo unha bolsa de tea das mesmas, co logotipo da Coca Simona, contendo, no caso dos nenos, un libro infantil e un marcapáxinas conmemorativo do centenario de Gloria Fortes e, no caso dos adultos,  dúas películas en formato DV
     

. Así mesmo, entre todos os que se fagan socios e os que se acheguen a gozar dun intre de lectura na nosa caseta (na que estarán dispoñibles libros, revistas e xornais) sortearase unha cesta de libros e películas que conterá:


 . "Instrumental" de James Rhodes
 . "Paris-Austerlitz" de Rafael Chirbes
 . "Me llamo Zoila" de Chiki Fabregat
 . "Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro" de Marcos López Concepción
 . "Junie B. Jones y el autobús apestoso" de Barbara Park
 . "Un monstruo viene a verme" de Patrick Ness
 . "Te espero en el cementerio" de Manuel L. Alonso
 . "El gato negro y otros relatos" de Edgar Allan Poe
 ."El extraño caso de Benjamin Button y otros relatos" de F. Scott Fitzgerald
 . "El arte de la guerra" de Sun Tzu
 . "Donde yo vivo"  de Frances Wolf
 . "Máis alá da fiestra" de Maurice Sendak
 . "Cuentos clásicos" de María Pascual (ilustradora)
 . "La casa de los ratones" de Karina Schaapman 
 . "El factor Churchill" de Boris Johnson
 . "Perseverancia" de Salvatore natilo
 . "Biografía del silencio" de Pablo d´Ors
 . "La fabulosa historia de Henry N. Brown" de Anne Helene Bubenzer
 .  Primeira tempada da serie de televisión "Mazinger Z.


  • "Conta con Leolo": 

Na caseta das nosas bibliotecas atópase o comezo dunha historia protagonizada pola nosa querida mascota Leolo o Contadelo, o día que saíu da biblioteca para percorrer a vila. Animamos a todos os visitantes da feira a que continúen esa historia:

“Nunha biblioteca lonxana, na Vila dos Viadutos, naceu o pequeno Leolo. A Leolo gustáballe ler, e gustáballe gozar de todas as historias que se podían atopar na biblioteca: había tantas!. Pero un día decidiu que quería vivir algo máis que as aventuras dos libros, e decidiu saír dos andeis da biblioteca e percorrer a vila. Esto é o que atopou”.
As persoas que participen nesta actividade tamén entrarán no sorteo da cesta de libros e de películas que indicamos no punto anterior.




 
. O sábado, día 10, ás 18:00 h., esperámosvos para compartir con todos vós a simpática presentación dun libro ao que as bibliotecas de Redondela temos un agarimo especial pois foi escrito na sala de estudo da Biblioteca de Redondela. "Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrito por un bolígrafo") contará coa presenza do seu autor Marcos López Concepción ao que acompañarán a ilustradora da obra, Lidia  Nokonoko, Francisco Castro da editorial Galaxia e Mª Elena Becerra, bibliotecaria de Redondela.

 

 E como Pituxa é unha nena moi, moi golosa, fíxonos chegar tres penicos (moi, moi limpiños, sen estrear!) cheos de caramelos, chocolatinas e moedas de ouro para sortear entre todos os que asistades á presentación do libro do que é protagonista.

 Non podemos terminar sen agradecer, un ano máis, a súa colaboración e axuda á Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, indispensables para o bo desenvolvemento destas actividades e a Marta pola súa preciosa e artesanal creación dunha caixa- biblioteca para o sorteo, feita con moito agarimo e esforzo.
Publicar un comentario