martes, 20 de junio de 2017

Rematamos a tempada nos clubs de lectura de Redondela e mais de Chapela



Os clubs de lectura de Redondela vimos de celebrar as últimas xuntanzas do curso.

Unha historia negra de cómic, con detective felino e moito crime, un éxito da banda deseñada europea da última década, ven de ser unha das dúas propostas literarias que estiveron presentes nas xuntanzas dos clubs de Redondela e mais de Chapela. 

En ambas localizacións xeográficas a recepción desta historia de intriga  foi moi gostosa, especialmente pola alta calidade das súas ilustracións, e tamén polas sorpresas que nos achega a súa narración.
Blacksad, de Juan Díaz Canales (narrador) e Juanjo Guarnido (ilustrador).


A segunda das historias que cruzamos neste club está adobiada de romanticismo, música de violín, partidas de xadrez e un intenso e gorentoso sabor a chocolate.
Esta é unha grande historia contida nun formato pequeno. Un bo final de curso que se paladea como o mellor dos produtos dos grans de cacao. Unha historia deliciosa que recibiu unha doce acollida entre os nosos lectores.

Dous propostas ben distintas, unha doce e outra sanguenta, para un final de curso nos nosos clubs.
Publicar un comentario