O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cumpre 20 anos neste 2017. Para festexalo, a exposición "20 anos a Fondo coa solidariedade" está a percorrer os concellos que compoñen esta asociación municipalista, e nestes días está en Redondela.
A exposición pode verse na Praza do Concello |
Unha exposición moi didáctica e cun deseño moi atractivo, marca do noso benquerido Pepe Carreiro, coñecido non só polos seus famosos contos dos Bolechas, senón por ser o autor do deseño da Coca Simona do noso municipio.
A exposición explica que é o Fondo Galego de Cooperación, como se constituiu esta asociación, da que na actualidade o noso concello ocupa a vicepresidencia. Tamén nos achega cal é o seu traballo para cooperar en proxectos solidarios en diferentes partes do mundo, así como para sensibilizar á nosa poboación da necesidade e as vantaxes de facer un mundo máis xusto e equilibrado.
O alcalde de Redondela, Javier Bas, e a concelleira de cultura e vicepresidenta do Fondo Galego, Teresa París, na inauguración da exposición |
Entre os seus paneis podemos atopar o texto fundacional da asociación, escrito por Carlos Casares, homenaxeado das Letras Galegas este ano.
Texto de Carlos Casares no panel inicial da exposición |
As bibliotecas municipais colaboramos con esta exposición no noso Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario