viernes, 29 de septiembre de 2017

Filipa e Fran Campos achégannos os contos á biblioteca de Chapela

"Filipa cos contos" na Biblioteca de Chapela
Premede na imaxe para ver as fotos
A biblioteca de Chapela voltou onte ás súas actividades de animación para os máis cativos da parroquia. A compañía Bandullo Azul aterrou na biblioteca con Fran Campos e coa súa simpática compañeira Filipa.

Xuntos contaron contos de Carlos Casares, achegándonos aos seus personaxes máis amados, como Toribio, Lolo ou a benquerida por todos Galiña azul, pero tamén outros contos ben coñecidos polos cativos, e que podedes ler e reler na nosa biblioteca: "A figueira de Pelostortos" ou "A cousa que máis doe do mundo", entre outros.

Unha tarde para gozar e rir, con música, monicreques, fantasía, intriga e humor, que pudemos desenvolver grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.




No hay comentarios: