martes, 12 de septiembre de 2017

Volven os contacontos á Bibioteca de Chapela con Filipa



Volven os contos ás nosas bibliotecas!

Anunciámosvos con alegría que os contacontos volven ás nosas bibliotecas despois do receso estival.

venres 29 de setembro, ás 18:30 h., o contador e actor Fran Campos, de Bandullo Azul, e a monicreque Filipa, visitarán a Biblioteca de Chapela para facer un percorrido polos contos tradicionais, a través da palabra e da música en directo. O seu espectáculo reserva tamén un apetecible óco para achegarse ás obras infantís de Carlos Casares.

  • O contacontos está dirixido para rapazada entre 3 e 12 anos.
  • Entrada libre, ata completar aforo.


A actividade desenvólvese grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.




Publicar un comentario