O martes, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca. Por
este motivo as Bibliotecas de Redondela acollerán, en datas próximas ao
día, dous contacontos dirixidos ao público infantil para conmemorar
esta efeméride.
O venres 20 de outubro, ás 18:30 h., na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela:
“Rebeca Atencia de misión no Congo” con Polo Correo do Vento
Contacontos ilustrado dedicado a Rebeca Atencia, veterinaria ferrolá e colaboradora de Jane Goodall.
Para nenos a partir de 4 anos
Entrada libre e de balde
Para nenos a partir de 4 anos
Entrada libre e de balde
O venres 27 de outubro, ás 18:30 h., na Biblioteca de Chapela:
“Romaría: contos e lendas da nosa terra” con Raquel Queizás
Para nenos a partir de 3 anos
Entrada libre e de balde
Estas actividades desenvólvense dentro do Programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario