domingo, 22 de octubre de 2017

Raquel Queizás traeranos a súa Romaría, para festexar en Chapela o Día das Bibliotecas



Dentro da nosa celebración do 24 de Outubro, Día da Biblioteca, tócalle agora o turno á Biblioteca de Chapela. Este venres convídavos a un fermoso espectáculo de narración oral, titulado Romaría, escenificado por unha das máis grandes narradoras da nosa terra, Raquel Queizás. 

Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles.

Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Será o Venres 27 de Outubro, ás 18:30 h., na biblioteca de Chapela.

  • O contacontos está dirixido para rapazada a partir de 3 anos.
  • Entrada libre, ata completar aforo.
A actividade desenvólvese grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: