martes, 14 de noviembre de 2017

Intercambio de libros por alimentos na Biblioteca de Chapela


A Biblioteca de Chapela organiza unha actividade solidaria que comeza este mércores e que durará un mes.

Entre o 15 de novembro e o 15 de decembro liberaremos libros que a biblioteca non precisa, que poderedes levar a cambio de deixarnos alimentos non perecedeiros ou produtos de hixiene nun lugar habilitado do Multiúsos de Chapela.

Os produtos que entreguedes serán destinados a Cáritas Redondela, para repartir entre as familias que máis os precisen.

Agardamos a vosa participación e adiantámosvos as grazas de todo corazón pola vosa solidariedade.


A nosa mesa de Libros x Alimentos preparada para
recibir a vosa solidariedade no Multiúsos de Chapela
Agradecemos ao curso de deseño gráfico do Obradoiro de Emprego xuvenil Redemprega a realización deste cartel tan bonito para a nosa biblioteca.



Publicar un comentario