As Bibliotecas Municipais, conxuntamente co Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, propoñémosvos unha actividade para agarimar á poeta no seu día. Este ano farémolo adicándolle caligramas cos seus poemas.
Podedes ver e colorear os caligramas rosalianos que vos temos preparados nas bibliotecas, ou podedes facer vós o voso deseño.
Entre o mércores 21 de febreiro e o venres 2 de marzo, debuxa na biblioteca os poemas de Rosalía.
Esta actividade forma parte dos actos de homenaxe que o Concello de Redondela lle vai render á poetisa esta fin de semana, coincidindo co 24 de febreiro, Día de Rosalía:
Esta actividade forma parte dos actos de homenaxe que o Concello de Redondela lle vai render á poetisa esta fin de semana, coincidindo co 24 de febreiro, Día de Rosalía:
- O venres 23 de febreiro, ás 18:00 h., e dentro dos Venres Cativos do Servizo de Normalización Lingüística, o auditorio do Multiúsos de Chapela acollerá unha obra de títeres, titulada: A viaxe de Rosalía.
- O sábado 24 de febreiro, ás 18:00 h., a Alameda de Chapela acollerá un acto institucional, con música e poemas onde se inaugurará a placa co novo nome deste parque urbán: Rosalía de Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario