As Bibliotecas de Redondela celebramos, este ano 2018, os nosos primeiros 50 anos de existencia e imos festexalo de moitas maneiras.
Unha delas será facer visible o novo carné das mesmas, que desde este ano convértenos en usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Para eso pedímosvos que subades unha fotografía ás vosas redes sociais: Instagram ou Facebook, onde amosedes este novo carné, etiquetando a imaxe co cancelo #eubibliotecasredondela50.
Pero tamén podedes fotografarvos cos carnés antigos, sería unha bonita homenaxe a todos estes 50 anos de servizo das bibliotecas municipais. Animádevos a participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario