O pasado sábado, 24 de febreiro, celebrouse o Día de Rosalía.
O Concello de Redondela homenaxeou á poetisa este ano con dúas actividades en Chapela:
- Un espectáculo de títeres para nenos, no auditorio do Multiúsos de Chapela: A viaxe
de Rosalía.
- Un acto institucional, con música e poemas, para
poñerlle o nome de Rosalía de Castro á Alameda de Chapela. Alameda de Rosalía de Castro.
As bibliotecas municipais súmanse a esta homenaxe elaborando caligramas
con algúns dos seus poemas máis representativos. Animamos aos nosos
usuarios a colorear ditas figuras e a elaborar os seus caligramas tamén.
Podedes descargalos nesta enlace: Caligramas rosalianos. Ata o venres 2.
No hay comentarios:
Publicar un comentario