Abril é o mes dedicado ao libro. As Bibliotecas Municipais de Redondela  celebrarán esta efeméride con diversas actividades  encamiñadas a fomentar a lectura na cidadanía, e que inciden de modo destacado na  inclusividade.
Así con ocasión de lembrar as dúas datas máis importantes relacionadas co libro: o Día do Libro Infantil (día 2) e mais o Día do Libro e dos dereitos de autor (día 23), este ano celebraremos, nas dúas bibliotecas, os nosos Contos inclusivos no mes de Abril.
Así con ocasión de lembrar as dúas datas máis importantes relacionadas co libro: o Día do Libro Infantil (día 2) e mais o Día do Libro e dos dereitos de autor (día 23), este ano celebraremos, nas dúas bibliotecas, os nosos Contos inclusivos no mes de Abril.
- O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, terá lugar na  Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela  o  contacontos, para nen@s desde os 4 anos, "IMOS BUSCAR..." (Baseado no texto "Imos cazar un oso" de Michael Rosen.)
Unha  aventura  que  fusiona  a  linguaxe  verbal  (lingua  galega), xestual  (lingua  de signos) 
e audiovisual (proxección), 
recreando 
espazos 
imaxinarios 
cheos 
de sensacións 
táctiles 
provocados 
polos 
elementos 
da natura, 
auga, 
terra, 
vento, etc. Unha 
aventura 
de un 
día 
calquera 
, alén 
da tecnoloxía, 
recreando 
a liberdade 
do xogo e 
das sorpresas 
sensitivas 
que 
nos 
aporta 
a propia 
natureza.
- O 23 de abril, Día Internacional do Libro, terá lugar na Biblioteca de Chapela o contacontos, para nen@s desde os 4 anos, "UN CONTO CON MOITO CONTO" (Baseado no texto "O agasallo perdido do pai Nadal" de Marc Donat.
- O 27 de abril, nas dependencias da biblioteca de Redondela, iniciará a súa andaina o Club de Lectura Fácil inclusivo, organizado pola  Asociación  Andaina Redondela coa colaboración das Bibliotecas de Redondela e a Fundación Filomena Rivero Alonso. A lectura fácil, xorde da necesidade da 
sensibilización cara as persoas con 
dificultades de lectura ou de comprensión lectora. Este club de lectura ten como obxectivo crear un novo espazo lector inclusivo na Biblioteca Pública Municipal de Redondela, ofrecer un servizo adaptado ás necesidades de cada lector, preparar aos membros para formar parte dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas.
Se estás interesado en participar contacta no teléfono 986 115 422 en horario de mañá.
Se estás interesado en participar contacta no teléfono 986 115 422 en horario de mañá.
 



No hay comentarios:
Publicar un comentario