lunes, 19 de marzo de 2018

As bibliotecas no Punto de Investigación Redondela na Historia

O Concello de Redondela pon á vosa disposición os Puntos de Investigación sobre Redondela na Historia.

Esta rede consta de tres puntos de acceso:

E nestes días ven de ser enriquecida co acceso gratuíto á hemeroteca dixital do Faro de Vigo.

O acceso á hemeroteca do Faro de Vigo realízase online, dende ordenadores habilitados nas propias instalacións do arquivo e bibliotecas municipais. O acceso é gratuito, pero deberase solicitar a súa consulta nestes servizos, e deixar constancia dela nun breve formulario, para permitir ao Concello avaliar o uso deste recurso. 
A busca dentro desta base de datos permite, grazas ao OCR (Optical Character Recognition ou recoñecemento óptico de caracteres), filtrar todos os números do diario informativo por termos concretos, pero tamén por datas.
O persoal das bibliotecas e mais do arquivo guiará e asesorará ás persoas interesadas á hora de navegar e mergullar por entre a historia dende o ano 1853 (nacemento do xornal) ata o día de hoxe.

Pero o punto de investigación Redondela na historia é máis amplo, xa que permite o acceso a:
  • Documentos: Os documentos administrativos xerados e recibidos polo Concello de Redondela dende o 1848 ata hoxe en día, ordenados e clasificados no Arquivo Municipal.
  • Fotografías: Fondos audiovisuais dixitalizados, cedidos pola veciñanza. Coleccións privadas de fotografías de paisaxes e xentes de Redondela. No Arquivo Municipal e no blog:  https://arquivoaudiovisualredondela.blogspot.com.es
  • Fondo local bibliográfico: Fondos en diferentes soportes que tratan sobre o noso municipio e os seus persoeiros, obras de autores locais e obras impresas na localidade. Nas bibliotecas do Concello (Redondela e Chapela).
Con estas fontes de información á disposición do público, dende o Concello de Redondela preténdese completa-la visión da nosa Vila de Redondela, para investigar, para indagar ou simplemente para fedellar e achegarse deste xeito ao noso pasado.


Aquí a presentación no Faro de Vigo.
Aquí a nova en Radio Redondela.

No hay comentarios: