miércoles, 28 de marzo de 2018

Grazas Obradoiros Redemprega!


O alumnado dos módulos de pintura decorativa e mais de deseño gráfico do obradoiro únense á nosa campaña #eubibliotecasredondela50

 Hoxe foi o último día de traballo do obradoiro de emprego xuvenil Redemprega, que desenvolveu as súas actividades no Multiúsos de Chapela.

Coas súas dúas modalidades: pintura decorativa e mais deseño gráfico, ambos obradoiros traballaron a reo para mellorar as nosas bibliotecas:

O primeiro deles, foi o encargado de pintar as instalacións da nosa sede chapelana, ademáis de ocuparse da súa ampliación, que moi pronto será unha realidade.

Porta do que será a nova sala infantil da biblioteca
O segundo, ademáis de facer cartelería e diversa sinalética para as bibliotecas, tamén é o responsable da abraiante imaxe da entrada, co noso querido Leolo convidando a todos e todas a achegarse aos libros:

Entrada da biblioteca de Chapela
Grazas por axudarnos a mellorar os nosos servizos. Ata sempre!



No hay comentarios: