Desta vez Marga, dos Amigos das Bibliotecas, foi a encagada de presentar ao poñente desta xornada |
Este venres as naves viquingas achegáronse a Redondela para traernos unha actividade de moito interese para os amantes da historia.
A cargo do medievalista Mario López Vittori sumámonos a unha intensa expedición para coñecer máis de cerca as incursións destes viaxeiros nórdicos polas nosas terras, os restos achados nos nosos territorios e os documentos e as crónicas nas que se basean os historiadores para coñecer a este pobo.
Mario López Vittori durante a súa presentación |
E falando de crónicas, tamén referiremos aquí algunhas máis actuais, e recomendadas polo noso poñente.
Como bibliografía principal recoméndanos achegarnos a unha das maiores especialistas españolas nos viquingos: Laia San José Beltrán, e ao seu blog: The Valkirie´s vigil, para seguir profundizando neste terreo.
O noso historiador tamén confía en que en poucos anos poderemos coñecer máis, grazas a novas investigacións que se están a facer no terreo da arqueoloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario