Mañá sábado comeza a edición 2018 de Arte Lixo en Redondela, unha proposta creativa, artística e
reivindicativa, para concienciar sobre o elevado volume de refugallos que producimos, e fomentar a vida artística.
O acto inaugural terá lugar en Chapela a
partir das 17:00 horas, no Paseo de Cardona, e celebrarase con obradoiros para os nenos e
actividades literarias e musicais.
As bibliotecas municipais estaremos presentes no certame, como un xeito de celebración do noso 50 aniversario e tamén como apoio á iniciativa.
Como sabedes, durante o mes de marzo estivemos elaborando unha peza colectiva, a través dun obradoiro creativo con papel de refugallo.
Poderedes ver exposta a nosa peza a partir de mañá no chapelano paseo de Cardona. Encantaravos!
De momento vos amosamos a cartela que a vai acompañar.
De momento vos amosamos a cartela que a vai acompañar.
Moitas grazas a todos/as os/as participantes, fixestes un bo traballo!
Grazas, Arte Lixo, por promover a actividade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario