martes, 15 de mayo de 2018

Contacontos en lingua de signos na Biblioteca de Chapela



Xa temos un novo contacontos para pequechos e pequechas na biblioteca de Chapela!

O vindeiro mércores 23 de maio, ás 19:00 h., e a cargo de XOGA, a Organización de Xordos de Galicia teremos esta actividade para o noso público máis miúdo.

Un contacontos con varias historias, algunhas moi coñecidas, que serán narradas simultáneamente en galego e en lingua de signos.

  • O contacontos vai destinado a cativos/as de 2 a 6 anos
  • A entrada é libre, ata completar o aforo.


XOGA está a traballar a sensibilización dende a primeira infancia para que os máis pequenos tomen contacto coa lingua de signos e a acepten como un sistema válido de comunicación en calquera ámbito da vida.

A Lingua de Signos Española, LSE, é unha lingua oficial dende 2007. Malia a todo a súa visibilización e normalización aínda están por chegar.

Con propostas como a deste contacontos, a nosa organización está a dar os primeiros pasos para normalizar e sensibilizar á sociedade e para que a comunicación entre todas as persoas sexa en igualdade de condicións.


No hay comentarios: