O Concello de Redondela convida á cidadanía a participar na escolla
dun nome para a Biblioteca de Chapela.
O Concello de Redondela celebra este ano o 50 aniversario da apertura
ao público
da Biblioteca
Pública
Municipal de
Redondela. Este espazo para a lectura e
a cultura leva o nome do insigne
escritor galego Ramón María del
Valle-Inclán.
Co gallo desta efeméride, o concello quere convidar a cidadanía a
participar, mediante propostas acordes aos criterios que se indican
nas bases da convocatoria, na escolla dun nome para a biblioteca de
Chapela situada no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
As propostas pódeas realizar calquera persoa ou entidade xurídica,
debidamente identificada conforme ao
modelo de instancia, no rexistro municipal. Pódense presentar como
máximo tres nomes.
O prazo de presentación de candidaturas abrirase o 1 de xullo e
pecharase o 30 de setembro.
O anuncio da escolla do nome farase público o 2 de outubro.
As
bases da convocatoria poden consultarse na web do Concello de Redondela así como no blogue das bibliotecas municipais
No hay comentarios:
Publicar un comentario