O próximo 22 de agosto, ás 11.30 h., as bibliotecas municipais de Redondela ofreceran a posibilidade de coñecer 50 anos de historia das mesmas a través dunha visita guiada polos edificios que acolleron á Biblioteca P.M. Valle-Inclán desde o ano 1968 ata os nosos días.
O percorrido, dirixido a nenos de entre 6 e 12 anos, estará dirixido por Soledad Chayán e terá unha duración aproximada dunha hora. Os asistentes, ademais das localizacións indicadas, poderán coñecer e admirar algúns dos lugares históricos e culturais do municipio.
A actividade é gratuíta pero necesita inscrición previa na Biblioteca Municipal de Redondela (986 40 15 61) pois as prazas son limitadas
A Ruta das Bibliotecas encádrase dentro das actividades conmemorativas do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela
No hay comentarios:
Publicar un comentario