Nunha cerimonia que terá lugar o luns 22 de abril ás 17:00 h. no
Multiúsos do Piñeiral do Crego onde se atopa situada a biblioteca de
Chapela, distintas autoridades darán a coñecer a placa conmemorativa que
asignará o nome de "Biblioteca Pública Municipal Xela Arias" á
biblioteca de Chapela.
Ao acto
asistirán Fran Alonso, escritor, xornalista e actualmente director da
editorial Xerais, Manuel Bragado , pedagogo, escritor e durante 24 anos
director de Xerais e unha representación do IES de Chapela onde Xela
Arias levou a cabo labores docentes. Así mesmo ao acto asistirán
familiares da autora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario