jueves, 26 de marzo de 2020

2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel.

Este ano é Eslovenia a encargada:
Mensaxe de Peter Svetina
Ilustrado por Damijan Stepancic
Traducido por Héctor Cajaraville

Accede aquí á mensaxe e ao cartel

No hay comentarios: