🏆Premios na fase de desescalada
🥇@s gañador@s do Premio Mellor Lector/a do Ano das Bibliotecas Municipais de Redondela xa están a recoller os seus agasallos 📔📘📒nas librerías do municipio.
Os irmáns🔹 Brais e Adrián, de 5 anos, xunto con 🔹Sheyla
Fernández (na fotografía recollendo o seu premio na Librería La
Imprenta) na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela, e 🔸David Fernández, tamén de 5 anos, xunto con 🔸José Lorenzo, na Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela, foron os galardoados
deste ano nas categorías de menores e maiores de 14 anos; isto fainos
merecedores dun premio para a adquisición de libros📚 nunha librería do municipio.
José
Lorenzo, mellor lector do ano 2019 da Biblioteca Xela Arias, recolle o
seu premio na librería Acuario, situada na mesma parroquia. 🎁📚📚 |
Brais e Adrián xa recolleron os seus contos📚 como 🏆Premio aos Mellores Lectores Infantís da biblioteca de Redondela no 2019, na Librería Mandamamá. |
David Fernández, Mellor Lector Infantil 2019 🥇📖 da Biblioteca de Chapela, recolle o seu premio 📚 na Librería Acuario
|
🏣As Bibliotecas Municipais de Redondela distinguen cada ano, en torno ao Día do Libro📖, aos lectores e lectoras menores e maiores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo, atendendo aos datos que rexistran as súas estatísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario