jueves, 11 de junio de 2020

Atópanos

As nosas bibliotecas municipais están xeolocalizadas, e podedes atopalas nalgúns directorios e recompilacións de bibliotecas que se poden atopar pola rede.

A Rede de Bibliotecas de Galicia ten elaborado o Directorio da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, onde se recollen centros bibliotecarios de diferente natureza da nosa comunidade autónoma, e onde podes atopar as sedes das nosas bibliotecas:

https://rbgalicia.xunta.gal/gl/rede/directorio-mapa?field_biblios_prov_concello_tid=All


#DeBibliotecaEnBiblioteca
Recompilación das bibliotecas favoritas mencionadas polos usuarios de Twitter co hashtag #DeBibliotecaEnBiblioteca.
 Din que un esquío podía percorrer España saltando de árbore en árbore sen tocar o chan. Hoxe, a percorremos con #DeBibliotecaEnBiblioteca, o mapa do #BiblioTurismo.
Unha iniciativa da Biblioteca de Montijo
Busca a túa, está? Senón, compártea co hashtag #DeBibliotecaEnBiblioteca, no Twitter.


O mapa das Bibliotecas Españolas
Máis de 8.000 bibliotecas españolas xeolocalizadas nun mapa, elaborado polo wikimedista Ángel Obregón. Este profesor universitario descargou os datos do Directorio de bibliotecas españolas do Ministerio de Cultura e Deporte para envorcalos en Wikidata, unha base de coñecemento libre que funciona como un repositorio central de datos estruturados.

Pica aquí

E, por suposto, non podía faltar o máis coñecido: Google Maps. Neste mapa recollen a información actualizada dos nosos centros.

https://www.google.es/maps/search/BIBLIOTECAS/@42.2587845,-8.8139264,44572m/data=!3m1!1e3!4m2!2m1!6e2


No hay comentarios: