Horario establecido de chamadas: de 10 a 14h e de 17 a 21h
Horario efectivo de chamadas: de 10 a 14h e de 16,45 a 21,45h
Número de chamadas inscritas: 34 chamadas
Número de chamadas recibidas: 28 chamadas
Número de contos inscritos: 34 contos
Número de contos narrados: 41 contos
Número de persoas alcanzadas: 69 persoas (talvez incluso máis)
Idade dos destinatarios: a actividade estaba pensada “desde os 5 aos 190 anos”; concretamente os participantes foron nenas e nenos entre 2 e 12 anos e adultos dende 27 a 80 anos
Duración aproximada das chamadas e contos: unha media de 10 minutos por chamada.
Historias e contos narrados: 16 historias diferentes
Tipoloxia da narración
Empregáronse un total de 16 historias diferentes, algunhas narradas máis veces ca outras segundo as sensacións percibidas na interacción inicial cos nenos e as familias.
No caso dos máis pequerrechos, optouse polo xogo, historias simples, pequenos retrousos cantados que invitasen á participación, fórmulas repetitivas, ritmo e vocabulario arredor das temáticas relativas ao seu mundo máis próximo.
Para os cativos entre 8 e 12 anos, sen deixar de procurar a interacción e cunha presenza algo máis tímida das cancións, que caracterizan ás narracións de Ana Facchini, as historias, algo máis complexas no fío argumental, xiraron principalmente arredor do humor e tiveron como temática, presente dun xeito máis ou menos marcado, o coidado do medio ambiente, a relación coa natureza e os seres vivos e lendas sobre as orixes das cousas.
No caso dos adultos, narráronse historias cun ton poético e lírico máis que narrativo, facendo referencia ás relacións humanas e ao significado da propia vida. Noutros casos, as narracións, pensadas inicialmente para un público infantil, cobraron unha dimensión nova aos oídos dos adultos e por suposto, non podían faltar a tradición e o humor, tan necesario nestes tempos.
Acollida
Moitísimas grazas a tod@s os que participastes nestes "Contos por teléfono"!
A acollida foi máis que positiva. Foi unha proposta que xerou moita curiosidade e nese sentido, queremos destacar o feito de que familias enteiras se reunisen arredor do teléfono para compartir as historias, tal como na tradición máis antiga, as comunidades escoitaban historias arredor dunha lareira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario