martes, 15 de septiembre de 2020

Obradoiro de robótica para nenos e nenas na Biblioteca de Chapela

 

 Este ano de centenarios importantes na ciencia ficción, as bibliotecas municipais de Redondela queremos achegarnos á ciencia.

É por iso que imos ofrecer por vez primeira un obradoiro de robótica, para rapaces e rapazas, a través da escola Átomos.

Robótica na biblioteca é unha actividade que procura a achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde o centro cultural que é a biblioteca. Ademáis de apreder fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible, os e as participantes poderán levar o seu propio robot para a casa. 

A cita é o vindeiro martes 22 de setembro, de 18:00 a 19:30 h., na Biblioteca Xela Arias

Dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos.
Entradas limitadas. Inscrición na biblioteca Xela Arias a partir do martes 15.

O obradoiro desenvolverase con todas as medidas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19. 

A actividade realízase dentro do programa Ler conta Moito, da Consellería de Cultura e Turismo, para a Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: