Leranse fragmentos de obras das seguintes escritoras: Teresa de Jesús, Rosalía de Castro, Dulce María Loynaz, Blanca Varela, Errose Bustintza (Mañariko), Elena Fortún, Sor Juana Inés de la Cruz, Ana María Matute, Josefina Carabias, Pura Vázquez, Luisa Carnés, Gloria Fuertes, Mercè Rodoreda, Idea Vilariño, Circe Maia, Emilia Pardo Bazán, Victorina Durán, Ida Vitale, Carmen Baroja y Nessi e Concha Méndez.
Este ano as Bibliotecas Municipais de Redondela unímonos á celebración cuns marcapáxinas, realizados polo persoal das mesmas, con algúns dos textos que se van ler o día 19 na Biblioteca Nacional.
Ese día, e ata esgotar existencias, regalaranse ás persoas que fagan uso do servizo de préstamo na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela e na Biblioteca P. M. Xelas Arias de Chapela-Redondela.
Tamén vos deixamos aquí a ligazón aos mesmos en .pdf para que poidades descargalos e imprimir os modelos que máis vos gusten.
A nosa actividade recollida na web da BNE adicada a esta conmemoración
No hay comentarios:
Publicar un comentario