viernes, 15 de enero de 2021

Banda deseñada e suspense entre os favoritos d@s usuari@s das bibliotecas no 2020


 
As Bibliotecas Municipais de Redondela, acudindo aos datos estatísticos proporcionados polo seu programa de xestión, fixeron pública a relación de obras máis prestadas durante o 2020, o ano do confinamento.
 
As que tiveron o privilexio de ser as  máis reclamadas polos lectores das bibliotecas públicas do municipio  foron as seguintes:
 
Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela, ocupou  o primeiro  lugar nas preferencias dos lectores maiores de 14 anos o manga “The  promised Neverland” seguido da novela de suspense “Mujeres que no perdonan” de Camilla Läckberg
Na Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela (Redondela) foi  La retornada” de Donatella Di Pietrantonio a que se impuxo, seguida de  “Terra Alta” de Javier Cercas e Premio Planeta 2019.
 
As exitosas “Reina Roja” e “Loba negra” de Juan Gómez-Jurado tamén se atopan entre as máis requeridas polos lectores de ambas bibliotecas.
 
 
Os menores de 14 anos tamén se decantaron pola banda deseñada tanto na biblioteca de Redondela , cos manga “Naruto” eShaman King” á cabeza , como na de  Chapela  con “Dad” do francés Nob e “Sonríe” de Raina Telgemeier
 
En lingua galega os libros máis solicitados polos lectores foron “O último barco” de Domingo Villar,  “Beleza Vermella” de Arantza Portabales e  “Un lume azul” de Pedro Feijoo.

No hay comentarios: