miércoles, 24 de febrero de 2021

Día de Rosalía: un libro e unha flor


Hoxe as compañeiras e compañeiros das Bibliotecas Municipais de Redondela
sumámonos á iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística do noso Concello: Un libro e unha flor, e nos fixemos un agasallo respectivo de 📚 e mais de💐
 
 
E só podemos dicir que quedamos moi contentos con esta experiencia 🥰, que nos agradou moito.

Para nós foi:
 
🌹 Un bonito xeito de festexar o aniversario de Rosalía de Castro, a nosa gran poeta.
 
🌹 Un encontro agradable cos libros, con recomendacións e propostas novas.
 
🌹 Un achegamento agarimoso aos comercios das persoas queridas, usuarios e usuarias das bibliotecas case todos eles.
 
🌹 Pero, sobre todo, un fermoso momento para fortalecer os vencellos entre o persoal das bibliotecas, que en tempos de pandemia estamos a vernos moito menos.
 
Ademáis, o punto de encontro foi desta vez a Biblioteca Xela Arias. Ao cabo, hai que festexar que este ano ten adicado o Día das Letras Galegas 🖋📜
 

 

Velaquí os agasallos. Non desvelamos o seu contido 😁





No hay comentarios: