miércoles, 31 de marzo de 2021

“Xela a Diario”, homenaxe radiofónica de Redondela a Xela Arias

As Bibliotecas Municipais de Redondela poñen en marcha, baixo a dirección da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, unha homenaxe radiofónica, a través das ondas da  Radio Municipal de Redondela, á autora Xela Arias á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas

Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura, Ana Facchini, directora do proxecto,  Mª José Villar e Mª Elena Becerra, das Bibliotecas Municipais de Redondela e Ana Prieto de Radio Redondela

Xela a Diario”, unha chiscadela á obra “Darío a diario”, é o nome que recibe a iniciativa que se desenvolverá en dúas fases, a primeira delas do 5 ao 30 de abril e a segunda no mes de maio.

O programa emitirase diariamente, de luns a venres, ás 11:00 h. e despois dos informativos das 14:00 e das 17:00 h. Nas fins de semana tamén  será difundido pola Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).

Mª Elena Becerra , directora das Bibliotecas Municipais de Redondela e Ana Facchini, directora do proxecto.
 
Xela a Diario” reúne en cada un dos espazos, duns dez minutos, unha breve contextualización sobre a vida e obra da escritora e a lectura dos seus poemas na voz da propia Ana Facchini e de distintos persoeiros do mundo da cultura así como de calquera persoa que desexe enviar os seus audios ás Bibliotecas Municipais de Redondela 

bibliotecaredondela@redondela.gal bibliotecachapela@redondela.gal

 

Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura,  Mª José Villar e Mª Elena Becerra, das Bibliotecas Municipais de Redondela

 O obxectivo primeiro desta iniciativa é tratar de dar a coñecer ao público en xeral, tanto a produción poética, como o resto da traxectoria profesional de Xela Arias; en especial, aquelas facetas máis descoñecidas, pero tamén ofrecer unha aproximación á Xela muller e ao seu lado máis humano.

Redondela, ademais, ten unha vinculación afectiva con Xela Arias plasmada no nomeamento da biblioteca de Chapela co nome da autora, no ano 2018.”

 Presentación do proxecto na Radio Municipal de Redondela, aquí

 

Presentación na Radio Municipal de Redondela

Na web da Real Academia Galega

No Faro de Vigo 

En Zoom Pontevedra 

En Comarcas na Rede

No Atlántico Diario do 4 de abril de 2021


No hay comentarios: