jueves, 29 de abril de 2021

Biblioteca Xela Arias-O enigma (2)

Neste ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as bibliotecas municipais de Redondela estamos comprometidas como nunca coa celebración desta festa do noso calendario literario.

Como saberedes, unha das nosas bibliotecas, a que está situada en Chapela, leva como nome Xela Arias dende o ano 2018 por votación popular. Por iso este ano máis que nunca, queremos dala a coñecer.

Este "trailer" é o adianto dun proxecto da Concellaría de Cultura de  Redondela e mais das bibliotecas municipais, conta coa realización de Cuchi Carreira e o guión e interpretación da contadora e actriz e contacontos Raquel Queizás

.

En breve...Novas pistas e máis información
❓❓❓❓❓❓❓

No hay comentarios: