¡Ola a todos e todas!
De volta da miña viaxe a Edimburgo teño as pillas ben cargadas. Na miña estancia por Edimburgo puden comprobar como esa cidade, de grande tradición literaria, está chea de bibliotecas e de curiosas librarías.
De volta da miña viaxe a Edimburgo teño as pillas ben cargadas. Na miña estancia por Edimburgo puden comprobar como esa cidade, de grande tradición literaria, está chea de bibliotecas e de curiosas librarías.
A Central Library é a cabeceira da rede urbana de bibliotecas de Edimburgo. É unha biblioteca grande e moi antiga, con estanterías de madeira e cun arrecendo moi tradicional. Moi evocadora, se queredes percibir a sensación de estar dentro dun conto. Non hai dúbida de que forma parte dos elementos que guiaron a inspiración de J.K Rowling para a atmósfera das novelas de Harry Potter (dato: o café Elephant House, no que a escritora concebiu a novela está moi preto desta biblioteca). Mágoa non poder tirarlle unha foto á sección de préstamos ¡paga a pena vela!
Para saber máis podedes consultar a súa web: http://www.edinburgh.gov.uk/internet/leisure/Libraries
Xusto enfrente dela está a National Library, chea de libros e documentos orixinais dos tempos máis antigos. Pode consultala calquera persoa. Só con amosar o voso DNI faránvos un pase para que poidades consultar as cousas máis incribles.
Pero hai outras bibliotecas máis pequenas dentro da rede, cada unha situada estratéxicamente en cadanseu barrio. Balgreen Library é unha delas. Pequeniña, pero moi acolledora. Ten sección infantil e un club de lectura para nenos, pero non conta cun servizo de mediateca.
Pero, máis aló das bibliotecas, Edimburgo arrecende a literatura, non en van foi declarada Cidade da Literatura pola UNESCO.
Podemos velo nas súas pintorescas librerías, cheas de carácter, así como no seu museo dos escritores, adicado a tres grandes figuras da literatura escocesa: o poeta Robert Burns, o novelista Robert Louis Stevenson e, por suposto, Sir Walter Scott. Asimesmo, outros dos grandes escritores das letras universais están presentes na paisaxe edimburguesa.
Para saber máis podedes consultar a web da UNESCO, onde vos enlaza con moita información sobre este arraigo da capital escocesa coa literatura.
http://www.cityofliterature.com/index.aspx?sec=1&pid=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario