jueves, 20 de agosto de 2009

O Biblioburro

Por iniciativa propia, dende hai 10 anos o profesor Soriano percorre vereas, pobos, camiños e estradas co biblioburro. Diversos sectores apoiaron ata agora o proxecto, entre eles a ONG española Acción Visual xestiona un proxecto de cooperación internacional para ampliar a cobertura desta biblioteca rural ambulante

A área de infuencia actual do biblioburro son os municipios daparte central baixa do Departamento do Madalena. O biblioburro leva libros ao interior dos devanditos municipios co obxectivo de estimular a lectura, achegar coñecemento, dotar de material didáctico a nenos, familiares e profesores e incentivar a cohesión da comunidade a través da socialización dos libros, a lúdica das sesións e os percorridos da biblioteca rural ambulante que chega a zonas rurais apartadas da rexión.


Máis infotmación en: http://biblioburro.blogspot.com/

No hay comentarios: