No Club de Lectura de adultos de Chapela disfrutamos este mércores da xuntanza correspondente á lectura da novela Drácula.
Malia que ao principio algúns dos nosos compañeiros mostraron certas reticencias co libro, debido á súa condición de novela de terror, a opinión xeral, unha vez rematado éste, foi moi positiva.
Moitos de nós descubrimos en Drácula unha novela trepidante (ben é certo que tamén houbo opinións que a consideraron un pouco lenta) que arrastra ao lector a través recursos literarios moi efectistas e, ademáis, novidosos.

Para a ocasión fixémonos con abundante material relacionado cos vampiros (novelas, películas, artigos de revistas, tratados e ensaios...) aportados non só polas Bibliotecas Municipais de Redondela, senón tamén por algúns dos nosos compañeiros do club.
Ao rematar, limos dous álbumes ilustrados relacionados co terror e cos soños:
- Christian Omar Pacheco Cámara: Un oscuro resplandor. Nostra Ediciones.
Acerca dun neno moi especial, que non quere deitarse.
- Marta Rodríguez Bos; Noemí Villamuza (il.): El dueño del sueño. Los cuatro azules.
Unha doce fantasía sobre o mundo dos soños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario