sábado, 26 de septiembre de 2009

Éxito de participación na observación das estrelas no Piñeiral do Crego



A actividade proposta polas Bibliotecas Municipais de Redondela para este venres 25 foi un éxito de participación.


Dunha banda, a proxección que os rapaces da Agrupación Astronómica Rías Baixas nos ofreceron dentro do auditorio, e as explicacións coas que a acompañaron, foron moi vistosas e interesantes. Doutra, o equipo co que acompañaron á observación no exterior: tres telescopios de grande resolución, deron moi bo resultado. E non podemos esquecer, ademáis, que o bo tempo do que disfrutamos esta noite invitaba a nenos e maiores a estar ao ar libre, nunha paraxe tan maravillosa como o Piñeiral do Crego (unha das vistas máis excelentes da Ría de Vigo).


Máis de cen personas se achegaron a ver as estrelas dende o Piñeiral, facendo colas para ver nos telescopios, que estiveron dispoñibles para todo o mundo ata ben pasada a medianoite. Apagouse o alumeado público para a ocasión, o que contribuiu a mellorar a visibilidade.

Aquí podedes ver máis imaxes da sesión:
(Transición automática das fotografías)

No hay comentarios: