¡Unha gozada! Iso é o que foi a actividade que tivemos o venres, na Biblioteca Municipal, con Marisia Irimia.
Os nenos de 2º de primaria do CEP Santa Mariña e todos os adultos presentes "pasámolo de medo" co seu taller "A poesía é divertida". Os nenos demostraron os seus dotes para rimar e, sobre todo, descubrimos a algúns grandes actores entre os voluntarios que colaboraron con Marisa na representación dun conto. Tratábase dunha historia protagonizada por Elisa, unha nena que soamente podía falar en verso (e isto a tiña moi, pero que moi, preocupada).
Un saúdo, dende aquí, a todolos nenos e profesoras.
Foi un pracer disfrutar convosco deses momentos.
Esta actividade forma parte do Programa de Letras Vivas
No hay comentarios:
Publicar un comentario