jueves, 26 de noviembre de 2009

Contacontos de Novembro na Biblioteca de Chapela


L
eo conduciu a sesión de contos que tivemos esta tarde na Biblioteca de Chapela. Contamos con moitos cativos e cativas con gañas de participar e tamén con adultos dispostos a deixarse envolver na maxia dos contos.

Historias como O tamborileiro máxico, A caza do oso ou O Capitán Pirata Alpargata fixeron as delicias dos rapaces, que despediron a sesión recibindo unha choiva de caramelos.

No hay comentarios: