sábado, 28 de noviembre de 2009

Caminando con Gochi polo mundo do cómic


A última reunión dos clubs de lectura de adultos de Chapela e Redondela, na que contamos coa presenza de Gochi , creador de banda deseñada e fundador da editorial Cerditos de Guinea, foi magnífica e enriquecedora. Abriunos as portas dun mundo tan próximo e ao mesmo tempo tan descoñecido como é o da Banda deseñada.

A lectura de "El caminante" de Jiro Taniguchi deu pé para falar das orixes desta chamada novena arte, con especial fincapé na industria xaponesa do manga, as técnicas utilizadas nela e a súa peculiar idiosincrasia.

Foi unha xuntanza apaixoante que nos achegou moitísimos coñecementos e á que tivemos que poñer fin por causa da hora.

Gochi foi un comunicador cercano, claro e moi ameno que, ademáis, tivo a xentileza de agasallar á biblioteca con dúas novidades deste ano.

No hay comentarios: