viernes, 11 de diciembre de 2009

Obradoiro de marcapáxinas de Nadal na Biblioteca de Chapela

O



vindeiro Venres 18 de Decembro, ás 18:30 h. faremos un obradoiro de marcapáxinas na Biblioteca de Chapela.

Os rapaces e rapazas que se acheguen á biblioteca poderán desenvolver as súas habilidades para elaborar marcapáxinas cos que agasallar polo Nadal aos seus amigos e familiares. Deste xeito, poderán suxerirlles tamén a lectura dalgún libro.

O obradoiro está orientado a rapaces e rapazas entre os 4 e os 12 anos, só deben cumprir como requisito facerse socios da biblioteca.
Os que queiran participar connosco no obradoiro, poden inscribirse na biblioteca. Poden vir a anotarse presencialmente, ou tamén poden facelo a través do teléfono da biblioteca ou do correo electrónico.


No hay comentarios: