Á actividade estaban convidados os rapaces e rapazas do Club de Lectura, pero tamén outros socios da biblioteca de entre 8 e 14 anos, que non quixeron perder a oportunidade de aprender trucos e técnicas novas sobre o debuxo.
Sabela amosoulles que o importante é crear un personaxe a través da imaxinación, e deulles unhas pautas de como caracterizalo física e psicolóxicamente. Tamén lles amosou as claves para amosar a expresión das emocións a través de trazos e liñas moi sinxelas.
Sabela Arias é unha artista plástica moi diversa. Como ilustradora é autora dunha serie de viñetas que se publican periódicamente no diario Terras de Santiago, pertencente ao grupo El Correo Gallego, así como no blog http://www.historiasdeiciaeavoa.blogspot.com/. A exposición sobre estas viñetas pódese visitar no Edificio Multiusos de Chapela ata o final deste mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario