viernes, 18 de diciembre de 2009

Obradoiro de marcapáxinas de Nadal na Biblioteca de Chapela


E
ste venres festexamos a chegada do Nadal con todos os rapaces e rapazas que se quixeron achegar á biblioteca para un obradoiro que iamos celebrar co grupo de animación Eduvía.

Todos xuntos elaboramos unha chea de marcapáxinas cos que agasallar a familiares e amigos nestas datas.



Dende a Biblioteca pensamos que un marcapáxinas é un bo agasallo para convidar a ler a outras persoas, e que o Nadal é, debido ás baixas temperaturas, un dos momentos en que máis se pode desfrutar da lectura, cando un está nun lugar quentiño.

Aquí podedes ver algunhas das fotografías. ¡Moi bo Nadal a todas e a todos!

No hay comentarios: