
A sesión desenvolveuse do xeito acostumado, comentando, desta vez, o libro
"El baile", de
Irène Némirovsky. O libro, crítico coas actitudes frívolas dos novos-ricos e coa superficialidade de quen só quere aparentar, pareceunos o contrapunto do espírito que esperta o Nadal, representado, neste caso por algúns dos álbumes infantiles que lemos ao final da sesión:
"En el desván", de Hiawyn Mora e Satoshi Kitamura ou
"Cañones y manzanas" de Adela Turín.

Ao rematar a nosa conversa sobre o libro, desfrutamos dun convite sorpresa para saborear
doces de nadal. ¡O club de lectura de adultos tamén merece eses agasallos! ¿non vos parece?
No hay comentarios:
Publicar un comentario