martes, 2 de febrero de 2010

Cando un home supón a diferenza



Estes días recibimos na biblioteca unha interesante e enriquecedora doazón de temática africana. Trátase de 3 títulos : El factor humano de John Carlin, bestseller no que se basea a película "Invictus", actualmente na carteleira dos cines. Outro título é Vagabundo en África, de Javier Reverte, e o terceiro, Un arcoiris en la noche de Dominique Lapierre.
Atraído polo tema de África e concretamente coa relación entre o Apartheid e o deporte, David Faro Domínguez, presenta a charla-proxección "O Apartheid e o deporte : esperanza e reconciliación", que terá lugar este Venres 5 de febreiro, ás 20 h. no Multiusos da Xunqueira, coa proxeción do Filme : "Máis aló dun xogo".

No hay comentarios: