El ladrón de días, adaptación á banda deseñada da novela de Clive Barker, serveu para introducir aos rapaces nas novas correntes que está a experimentar o comic xuvenil.
O xeito de amosar as viñetas, as imaxes empregadas, o colorido, a disposición dos textos... están coidadosamente escollidos neste libro para que a súa lectura produza unha maior inquedanza e desasosego, de xeito que se vai agrandando a sensación dun perigo inminente.
Ademáis de falar de todas estas cuestións, caracterizámonos con algúns elementos de terror para rematar a sesión.
Tamén aproveitamos a ocasión para facer unha selección de comic para amosarlla aos rapaces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario