viernes, 12 de febrero de 2010

E-books gratuitos da Biblioteca Miguel de Cervantes

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes e a librería online de libros electrónicos en español, Todoebook, chegaron a un acordo polo que esta última pon a disposición dos internautas a Colección 10º Aniversario da Biblioteca Cervantes de xeito gratuíto.
Trátase dunha coidada selección de 35 clásicos da literatura en lingua española, dispoñible para a súa descarga e lectura en dispositivos móbiles, elixida o ano pasado polos asesores científicos da BVMC para celebrar o seu décimo aniversario.
Entre os títulos atopamos La Celestina, El Romancero Viejo, Los pazos de Ulloa, La Regenta, Desde mi celda de Gustavo Adolfo Bécquer, El Libro del Buen Amor, Las moradas de Santa Teresa de Jesús, Don Juan Tenorio, Sonetos de Góngora e de Garcilaso, obras dramáticas de Lope de Vega e Calderón de la Barca ou artigos de Larra, entre outros. Non só hai autores españois, senón que tamén se incluirán obras de escritores hispanoamericanos, como Sor Juana Inés de la Cruz, José Hernández, Rubén Darío e José Martí.
A colección, aquí.
Vía esliteratura.com

No hay comentarios: