
sta mañá recibimos a visita dos alumnos de primeiro curso do
CEP Santa Mariña que compartiron connosco unha divertida sesión de contacontos a cargo de
Marisa Irimia. Desta volta deleitounos coa actividade
"kkk: kontos de akí e de akolá" onde a colaboración dos cativos -moi importante nestas sesións- fixo da actividade unha xornada moi agradable

Moitas grazas pola vosa visita e pola orla tan bonita e cariñosa que nos deixastes coas vosas fotografías e firmas.
Unha aperta moi forte para todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario